Na Ruta-Concurso “Destapa Vilagarcía participan 12 establecementos que presentan unha única tapa.
Os clientes que desexen votar na elección da mellor tapa deberán ter este Libro de Ruta selado por 4 dos 12 locais participantes, selo que deberedes solicitar no propio establecemento cada vez que degustedes algunha das tapas do concurso.
Unha vez selado este Libro de Ruta deberedes otorgar 3, 2 e 1 punto ás vosas tres tapas favoritas (xunto co voso nome, teléfono e correo electrónico para poder ser avisados no caso de ser agraciados con algún premio) e depositar o voso voto nas urnas que se atopan en cada un dos establecementos participantes.
O prazo para depositar o voto remata ás 24 h do domingo 16 de xuño.
Do reconto de todos votos correctamente emitidos sairán o primeiro, segundo e tercer premio do Concurso “Destapa Vilagarcía 2019”, que se entregarán nun acto público na semana posterior ao remate da Ruta.
Nese mesmo acto sortearanse os premios para os clientes (ver relación a continuación) entre todas as papeletas correctamente seladas.